escritor, poeta e pintor ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Mikhaíl Iúrevich Lérmontov[1] (en ruso Михаил Юрьевич Леормонтов), nado en Moscova o 15 de outubro de 1814 e finado o 27 de xullo de 1841, foi un escritor ruso da época romántica, chamado ás veces "o poeta do Cáucaso". Foi o poeta ruso máis importante desde a morte de Alexander Pushkin, ata a súa propia morte, catro anos despois, con só 26 anos de idade. Igual ca Pushkin, Lérmontov morreu nun duelo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2023.) |
Nome orixinal | (ru) Михаил Юрьевич Лермонтов |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de outubro de 1814 (Xuliano) Moscova |
Morte | 15 de xullo de 1841 (Xuliano) (26 anos) Piatigorsk (pt) |
Causa da morte | homicidio duelo, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Tarkhany (en) (1842 (Xuliano)–) Piatigorsk (pt) (1841 (Xuliano)–) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Nikolaevskaya Cavalry school (en) (1832 (Xuliano)–1834 (Xuliano)) Moscow university boarding school (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria e poesía |
Lugar de traballo | Moscova |
Ocupación | poeta , oficial , escritor , prosista , dramaturgo , pintor , novelista , tradutor , duelista |
Período de actividade | 1828 - |
Xénero artístico | Verso e poesia narrativa (pt) |
Movemento | Romanticismo |
Pseudónimo literario | —въ Гр. Диарбекир Ламвер Lerma |
Lingua | Lingua rusa, lingua inglesa, lingua alemá e lingua francesa |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Ruso |
Rama militar | His Majesty's Hussar Life Guards Regiment (en) |
Rango militar | cornet (en) (1834 (Xuliano)–) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Lermontov (en) e Learmonth (en) |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Yuri Petrovich Lermontov (pt) e Mary Arsenyev (pt) |
A causa da morte prematura de súa mai e da carreira militar e os problemas económicos do pai, foi a avoa, que non tiña boas relacións co xenro, a que se ocupou da educación de Lérmontov. Gastou canto foi necesario para darlle a mellor educación posible, pero os seus conflitos permanentes co pai do futuro escritor contribuíron posiblemente a desenvolve-lo carácter agresivo e túzaro do neno. A atmosfera intelectual da época era semellante á que vivira Pushkin aínda que a influencia inglesa comezaba a desprazar a francesa, e Lord Byron era xa tan ou máis popular en Rusia cós escritores franceses.
En Moscova, despois de pasar polo gymnasium, Lérmontov entrou na universidade en 1830, na cal pasou só dous anos, xa que se viu obrigado a pedi-la renuncia despois duns incidentes entre algúns alumnos e un profesor. Entre 1830 e 1834 foi á escola de oficiais da garda en San Petersburgo e despois foi asignado ao rexemento de húsares de Tsárskoe Seló. Dirixiu ao tsar Nicolao I un poema, "Smert' poeta" (A morte do poeta), no cal expresaba a súa cólera pola morte en duelo de Alexander Pushkin (en 1837) e reclamaba a vinganza de Rusia sobre o asasino do poeta.
O tsar indignouse polo poema e Lérmontov foi enviado ao Cáucaso como oficial de dragóns. Alí pasara xa unha tempada á idade de dez anos e encontrouse a gusto deseguida. O temperamento áspero e duro dos montañeiros que tiña que combater casaba moi ben co de Lérmontov, así como a paisaxe de rochas e montañas. Lérmontov foi exiliado ao seu mundo ideal. No Cáucaso coñeceu os decembristas exiliados e a intelectuais xeorxianos rebeldes.
Lérmontov visitou San Petersburgo en 1838 e 1839, e despois dun duelo con Ernest de Barante, fillo do embaixador francés, foi novamente enviado ao Cáucaso. En 1839 escribiu a novela Un heroe do noso tempo, que se di foi a causa do duelo con Nicolai Martinov en xullo de 1841 que lle custou a vida. O mesmo poeta escollera para a loita a beira dun precipicio para que o que fose ferido non tivese ocasión de salvarse.
En vida, Lérmontov publicou só unha pequena escolma de poemas en 1840. Tres volumes, fortemente mutilados pola censura, foron publicados en 1842 por Iliá Glazunóv e a edición completa das súas obras apareceu en 1860 e 1863. A tradución ao alemán dos seus poemas por Bodenstedt (Berlín, 1842, 2 volumes), deulle unha gran sona en Europa.
A súa novela Un heroe do noso tempo, protagonizada por Pechorin —prototipo de home superfluo— relata a traxedia de certa xuventude rusa da súa época, de ideas liberais e instruída, insatisfeita nunha sociedade inmutable e que tiña a súa vida por fútil. Esta obra creou as premisas do desenvolvemento da novela psicolóxica rusa.
Os seus poemas, ao inicio inspirados en Pushkin, tornaron axiña moi persoais tanto no estilo coma na temática.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.