Moeda (tipografía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O signo moeda (¤) é un símbolo tipográfico empregado para indicar unha moeda xenérica ou indeterminada. En ocasións úsase no lugar dun símbolo que non aparece na fonte que se está a empregar, como o colón costarriqueño (₡). Pode describirse como un círculo de tamaño dunha letra minúscula con catro pequenas pólas a 45, 135, 225 e 315 graos. Represéntase en Unicode co valor U+00A4.
¤ |
---|
Moeda (tipografía) |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
O símbolo aparece nalgúns teclados, como os franceses, dinamarqueses, noruegueses, suecos, finlandeses e estonianos.[1]