From Wikipedia, the free encyclopedia
O til[1] (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.
~ |
---|
Til |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
~ |
---|
Til |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, ẽ, ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)
A palabra “til” procede do latín titulus, "título" ou "sobrescrito". Orixinalmente se empregaba sobre o n como abreviatura. Por exemplo Ao Dñi significaba Anno Domini. Tamén era unha forma de indicar unha letra repetida.[2]
O til tamén era un sinal de nasalización. A referencia máis antiga á definición do til é do século XVI na Gramática de João de Barros.
Na normativa oficial do galego o til forma parte da letra Ñ. Na normativa reintegracionista do galego é usado de maneira opcional nas vogais à e Õ para marcar as vogais nasais daquelas falas que aínda conservan esta pronuncia, ou como maneira a permitir diferentes pronuncias usando unha soa escrita (por exemplo, -ões para as realizacións /oŋs/, /ɔŋs/, /os/, /ɔis/, /õis/, etc).
En galego-portugués, o til era usado en hiatos dunha vogal nasal seguida doutra vogal:
Tamén se empregaba para facer abreviacións, substituíndo unha consoante nasal.
P. ex: cõ, no canto de "con".
No Alfabeto Fonético Internacional pode ter distintos significados segundo a súa posición:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.