Monte do Templo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Monte do Templo ou Chaira das Mesquitas é un lugar relixioso considerado sagrado de aproximadamente 15 hectáreas situado na cidade vella de Xerusalén. Os israelís coñéceno como הַר הַבַּיִת (Har Ha-Bayit, lit. «Monte da Casa» ou «Monte do Templo», en alusión ao antigo templo) polos xudeus e cristiáns, mentres que os palestinos denomínano الحرم الشريف (Haram esh-Sharif, lit. «O Nobre Santuario») ou الحرم القدسي الشريف (al-Ḥaram al-Qudsī al-Šarīf, lit. «O Nobre Santuario de Xerusalén»). Actualmente, a chaira é un dos lugares sacros máis disputados do mundo. Os musulmáns o consideran como o terceiro lugar máis santo no islam (tras a Meca e Medina), e tamén é o lugar máis sacro do xudaísmo, xa que no monte Moriá sitúase a historia bíblica do sacrificio de Isaac.[1]
Monte do Templo הַר הַבַּיִת, Har HaBayit الحرم الشريف, al-Ḥaram ash-Šarīf, | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Patrimonio da Humanidade da UNESCO (xunto co resto da Cidade vella de Xerusalén) | ||
Ano de constitución: | |||
Superficie: | |||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | Israel/ Palestina | ||
Provincias: | Distrito de Xerusalén | ||
Concellos: | Xerusalén | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En virtude do "statu quo" vixente os xudeus non poden acceder á Chaira para rezar, aínda que si poden facelo en calidade de visitantes.[2] O recinto está baixo a custodia de Xordania pero controlado por Israel que ocupou Xerusalén Leste durante a Guerra dos Seis Días de 1967.