Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (en grego: Εθνικό Αρχαιολογικό Μουσείο) aloxa moitos dos obxectos arqueolóxicos máis importantes atopados en Grecia dende a prehistoria ata a antigüidade tardía. Considérase un dos grandes museos do mundo, contén a mellor colección de obxectos da antiga Grecia que se pode atopar no mundo.[1] Sitúase no centro de Atenas, no barrio de Eksarhia, a entrada está localizada na Avenida Patission, adxacente ao edificio, tamén histórico, que aloxa a Universidade Politécnica Nacional de Atenas.
Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas | |
---|---|
Fachada do Museo. | |
País | Grecia |
Cidade | Atenas |
Tipo | Arqueolóxico |
Inauguración | 1829 |
Na rede | |
https://namuseum.gr | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Está organizado en cinco temas máis ou menos cronolóxicos: a colección prehistórica (do século VI aC ao século XI aC), a colección de esculturas (século -VII ao século -V), a colección de cerámicas (século XI aC á Grecia romana), a colección de bronces, máis as coleccións exipcia e do Oriente Próximo.
O museo tamén alberga unha extensa colección de fotografías, unha biblioteca de investigación, laboratorios de conservación dos obxectos en metal, terracota, pedra e materia orgánica, un laboratorio fotográfico e máis un laboratorio químico. O museo acolle tamén exposicións temporais. Dispón dunha sala de actos, dunha gran tenda e máis dunha cafetería instalada nun atrio.