Museo de Papel Moeda do Banco Xónico
museo numismático en Grecia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo de Papel Moeda do Banco Xónico (en grego: Μουσείο Χαρτονομισμάτων Ιονικής –Mouseio Chartonomismaton Ionikis–; en inglés: Banknote Museum of the Ionian Bank) é un museo propiedade do Alpha Bank, situado en Corfú, Grecia, que exhibe a colección case completa dos billetes emitidos nese país entre 1822 e 2002, cando o dracma foi substituído polo euro.[1][2][3]
Datos rápidos Μουσείο Χαρτονομισμάτων ΙονικήςBanknote Museum of the Ionian Bank, Coordenadas ...
Museo de Papel Moeda do Banco Xónico Μουσείο Χαρτονομισμάτων Ιονικής Banknote Museum of the Ionian Bank | |
---|---|
Edificio sede do Museo de Papel Moeda do Banco Xónico | |
Coordenadas | 39°37′29″N 19°55′21″L |
País | Grecia |
Cidade | Corfú |
Director | Aris Rapidis. |
Inauguración | 1981 |
Na rede | |
http://www.alphapolitismos.gr/en/05-banknote-museum | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Ademais do papel moeda, entre os seus aproximadamente 2.000 obxectos expostos hai tamén esbozos, libros, fotografías e pranchas de impresión para a produción de billetes. A colección do museo está considerada como unha das máis completas do mundo no seu xénero.[3][4][5]