Médico de cabeceira
From Wikipedia, the free encyclopedia
A expresión médico de cabeceira ou médico de familia[1] fai referencia ao exercicio da medicina na atención primaria. É un profesional sanitario que exerce nun centro de saúde ou nun consultorio; sendo o médico máis próximo a unha determinada poboación e, en moitas ocasións, o único facultativo dispoñíbel para os seus habitantes.[2][3] Segundo a WONCA, o médico xeral/de familia é o "médico que ofrece ós individuos e familias atención sanitaria persoal, primaria, continua e integral".[4]