NHIndustries NH90
helicóptero militar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O NHIndustries NH90 é un helicóptero multipropósito militar de tamaño medio e dous motores. Foi desenvolvido en resposta aos requirimentos da OTAN para un helicóptero de combate que tamén fose capaz de ser operado en contornas navais. O NH90 foi deseñado e está fabricado por NHIndustries, unha compañía colaborativa propiedade de Airbus Helicopters, Leonardo (anteriormente AgustaWestland) e Fokker Aerostructures. O primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea o 18 de decembro de 1995 e o modelo entrou en servizo operacional no ano 2007. En xaneiro de 2017 o NH90 levaba acumuladas 127 000 horas de voo nas forzas armadas de trece países.[1]
NH 90 | |
---|---|
NHI NH-90 TTH, Alemán en 2002. | |
Tipo | Transporte e naval |
Fabricante | NHIndustries |
Deseñado por | NAHEMA - NATO Helicopter Management Agency |
Primeiro voo | 18 de decembro de 1995 |
Introducido | 2006 |
Estado | Activo |
Principais usuarios | Exército alemán Exército francés Exército italiano |
Unidades construídas | >300 |
Custo unitario | 26 a 39 millóns de euros |
Variantes | TTH e NFH http://www.nhindustries.com |
O NH90 destaca por ser o primeiro helicóptero de produción en contar con controis de voo totalmente fly-by-wire.[2] Ten dúas variantes principais, a TTH (Helicóptero de Transporte Táctico) para ser usada polo exército, e a naval NFH (Helicóptero de Fragata OTAN); cada cliente elixe ademais realizar distintas alteracións aos seus NH90, como distintas armas, sensores e configuracións de cabina, para axustarse aos seus propios requirimentos.