Nadal
celebración cristiá / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento'[1]) é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.
- Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.