Nazaret
Vila de Israel / From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo trata sobre a cidade de Israel, para a cidade portuguesa véxase Nazaré, para a belga véxase Nazareth.
נצרת (he) الناصرة (ar) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Israel | |||
Distrito (pt) | Distrito Norte (pt) | |||
Subdistrict of Israel (en) | Jezreel Subdistrict (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 83.400 (2019) (5.905,26 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 14,123 km² | |||
Altitude | 290 m | |||
Creación | 2200 a. C. | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | nazareth.muni.il |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Nazaret (en hebreo: נָצְרַת, Natzrat; en árabe: النَّاصِرَة, an-Nāṣira, en arameo: ܢܨܪܬ, Naṣrath) é a capital e a cidade máis poboada do Distrito Norte de Israel. A cidade é coñecida como a capital árabe de Israel.[1] En 2016 a súa poboación era de 75.922 habitantes [2] Os seus habitantes son principalmente árabes, dos cales un 69% son musulmáns e un 30.9% cristiáns.[1][3][4] Nazareth Illit (lit. "Upper Nazareth"), declarada cidade separada en xuño de 1974, está construída xunto á Nazaret, e tiña unha poboación xudía de 40.312 habitantes en 2014.[5]
No Novo Testamento, a cidade aparece como o lugar da Anunciación e no que pasou a súa infancia Xesucristo,[6] polo que é un importante lugar de peregrinación entre os cristiáns.