Nicolas Theodore Gobley
químico francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicolas Theodore Gobley, nado o 11 de maio de 1811 en París e finado o 1 de setembro de 1876 en Banhèras de Luishon, foi un farmacéutico e químico francés relacionado co estudo dos fosfolípidos. Un dos seus maiores logros científicos é o descubrimento no período 1846/1847 da lecitina (fosfatidilcolina).[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ef/Vanillin.png/640px-Vanillin.png)
![]() | |
Nome orixinal | (fr) Théodore Nicolas Gobley ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de maio de 1811 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 1 de setembro de 1876 ![]() Bagnères-de-Luchon, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica ![]() |
Ocupación | químico , farmacéutico ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Premios |
Gobley estudou farmacia en París e máis tarde traballou co químico francés Pierre Jean Robiquet e xuntos estudaron a estrutura dos alcaloides cafeína e codeína. Traballou como auxiliar médico e no período de 1837 a 1861 mantivo aberta unha farmacia en París. Durante o período de 1842 a 1847 traballou como profesor na Escola de Farmacia e ingresou na Academia de Medicina en 1861.
Foi un dos primeiros científicos en illar e estudar as propiedades da vanilina, un dos compoñentes aromáticos da vainilla, en 1858. No período que vai de 1846 a 1847 illou e estudou a lecitina (fosfatidilcolina), chamouna así porque extraíaa da xema do ovo, que en grego é lekithos. Nos anos seguintes realizou unha ampla investigación sobre os fosfolípidos relacionados con substancias do corpo humano.