poeta ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Nikolai Alekseevich Nekrasov (en ruso Николай Алексеевич Некрасов), nado en Nemirov (Gobernación de Podolia) o 10 de decembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 8 de xaneiro de 1878, foi un poeta e autor teatral ruso.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1821 (Xuliano) Nemyriv |
Morte | 27 de decembro de 1877 (Xuliano) (56 anos) San Petersburgo |
Causa da morte | Cancro colorrectal |
Lugar de sepultura | Novodevichy Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Educación | Imperial St. Petersburg University (en) (1839–1841) Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Ocupación | poeta , crítico literario , xornalista , autobiógrafo , escritor , xornalista de opinión |
Empregador | Otechestvennye Zapiski (en) |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua rusa |
Familia | |
Cónxuxe | Zinaida Nekrasova (1877 (Xuliano)–1877 (Xuliano)), morte da persoa |
Parella | Avdotya Panaeva (en) |
Irmáns | Anna Alekseyevna Butkevich (pt) |
Naceu nunha familia de terratenentes e a súa infancia transcorreu nas beiras do río Volga, das que contou as súas grandezas e miserias nos seus versos. Dende moi neno padeceu un ambiente familiar tenso, coas cacerías e ruidosas bacanais que organizaba o seu pai, e as escenas de castigos, maltratos e desprezos que este, home despótico e cruel, inflixía aos seus servos campesiños deixaron fonda impresión na mente e no espírito do futuro poeta. Cursou estudos en distintos internados e no instituto público de Iaroslavl, onde comezou a escribir algunhas poesías satíricas e se interesou polo teatro; porén, estudaba mal e apenas foi capaz de facer cinco cursos en seis anos. En 1838 chegou a Moscova e intentou dous anos consecutivos ingresar na universidade, mais non logrou superar os exames de ingreso. Malviviu os tres anos seguintes, durmindo en albergues para vagabundos e escribindo cartas de encargo na praza do mercado a cambio de comida. A súa primeira poesía, "Дума" ("O pensamento"), publicouse en 1838 na revista Syn otechestva.
En febreiro de 1840 Nekrasov publicou a súa primeira colección de poemas empregando as iniciais "N. N." seguindo o consello do seu patrón Vasili Zhukovski que suxeriu que o autor podía sentirse avergoñado polos seus exercicios infantís nalgúns anos.[1] O libro, con críticas favorables de Piotr Pletniov e Ksenofont Polevoi, foi rexeitado por Alexei Galakhov e Vissarion Belinsky. Varios meses máis tarde, Nekrasov destruíu os exemplares non vendidos. Algunhas copias que sobreviviron convertéronse nunha rareza dende entón.[2]
Buscando a súa identidade literaria, escribiu varios vodevís que se estrearon con éxito e boa crítica, mais tampouco era este o camiño que quería seguir.[3]
A súa verdadeira actividade chegou coa adquisición dos dereitos de publicación das revistas Sovremennik en 1847 e Anais da Patria en 1866, onde colaboraron as plumas máis importantes das letras rusas. Na medida que se ía radicalizando cara á esquerda a postura da primeira delas, foron marchando dela os aristócratas Lev Tolstoi, Ivan Turgenev, Goncharov, Saltikov-Shchedrin, e entraron os narodniki ou "populistas" e "heteroxéneos", homes máis afíns ás ideas social-revolucionarias, como Nikolai Dobroliubov, Nikolai Chernishevski, Vissarion Belinski, Nikolai Pomialovski, Fiodor Reshetnikov e outros, amigos e colaboradores de Nekrasov.
As Obras completas de Nekrasov, do grupo de poetas populistas e cantor do campo e das liberdades cívicas, ocupan doce tomos. Está enterrado no cemiterio Novodevichi de San Petersburgo. Catro mil persoas acudiron ao seu enterro, e a comitiva converteuse nunha manifestación política.[1]
A obra poética de Nekrasov é ampla, polifacética e rica, cunha temática variada: poesía lírica e intimista, cívica e social e, moi especialmente, de temática campesiña, mais sempre cun carácter de denuncia social, protesta e inconformismo. A actitude crítica e negativa ante o estado das cousas constitúe a característica esencial da súa creación poética.
Tamén se ocupou dos nenos escribindo para eles unha serie de poemas como Дедушка Мазай и зайцы (1870).[3]
Nos seus últimos anos, canso de loitar e enfermo, escribiu fermosas elexías e poesías líricas intimistas, en que intenta resumir a súa vida, próxima á súa fin.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.