Noor Inayat Khan
operador de radio encuberta aliada durante a Segunda Guerra Mundial / From Wikipedia, the free encyclopedia
Noor-un-Nisa Inayat Khan, nada en Moscova o 2 de xaneiro de 1914 e finada en Dachau o 13 de setembro de 1944, máis coñecida como Noor Inayat Khan, foi unha psicóloga e axente británica do Executivo de Operacións Especiais (SOE) durante a Segunda Guerra Mundial. De ascendencia india, foi a primeira muller operadora de radio do SOE enviada a Francia, nese entón baixo ocupación militar, para axudar á Resistencia francesa. Condecorada coa Croix de guerre e a George Cross a título póstumo, en 1949.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar