Novela de xadrez
From Wikipedia, the free encyclopedia
Novela de xadrez é unha novela do escritor austríaco Stefan Zweig, escrita entre 1938 e 1941 e publicada de forma póstuma en 1944. Escrita en lingua alemá co título orixinal de Schachnovelle, foi traducida ao galego por Patricia Buxán e Saleta Fernández Fernández e publicada en 2004 por Ir Indo[1] e de novo con esa tradución por Irmás Cartoné en 2018[2]. O relato é unha crítica do nazismo e dos métodos da Gestapo; así mesmo, trata a incomunicación e o exilio forzoso do propio Zweig, que endexamais tornaría a Austria.[3]
Datos rápidos Novela de xadrez, Título orixinal ...
Novela de xadrez | |
---|---|
Capa da edición de 1943 en Estocolmo | |
Título orixinal | Schachnovelle |
Autor/a | Stefan Zweig |
Orixe | Austria |
Lingua | Lingua alemá |
Xénero(s) | novela curta |
Data de pub. | 1943 |
Precedido por | Ungeduld des Herzens |
Seguido por | Die spatbezahlte Schuld |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar