especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
A Nymphalis polychloros é unha das 128 especies que compoñen o xénero Nymphalis, incluído na familia Nymphalidae. É de tamaño mediano, alaranxada con manchas negras, e foi descrita por Carl von Linné en 1758.[1]
Nymphalis polychloros | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reverso en repouso e anverso en voo. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Nymphalis polychloros' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
O seu epíteto xenérico fai referencia ás ninfas -doncelas dos campos, grutas e fontes- da mitoloxía grega; [2] e a específica son as numerosas manchas ou manchas verdeazuladas que ten nas marxes das ás.
A Aglais urticae é unha especie parecida coa que se pode confundir.
Son bolboretas medianas, machos de 4,5 a 5,5 cm de envergadura, as femias medio centímetro máis. O anverso ou cara superior das ás son dun ton laranxa con manchas negras. O reverso é de cor marrón escura cunha franxa distal máis clara. Os bordos das ás son irregulares.
Foi descrita por Carl von Linné en 1758 como Papilio polychloros. En 1781 Eugenius Johann Christoph Esper na súa obra Schmetterlinge in Abbildungen nach der Natur denominouna Papilio testudo.[3] Outros sinónimos foron P. pyrrhomelaena Hübner, 1824, Vanessa pyromelas Freyer, 1834, Vanessa dixeyi Standfuss, 1895 V. polychloros fervida Standfuss, 1896, Vanessa polychloros lucida Fruhstorfer, 1907 e Vanessa polychloros dilucidus Fruhstorfer, 1907.[4]
É unha especie univoltina cuxos adultos eclosionan ao principio do verán para, seguidamente, aparearse. O resto do verán e o outono aliméntanse e acumulan reservas para desenvolver os ovos e soportar o inverno. Durante os fríos invernais mantéñense ocultas en lugares escuros ou resgardados como buratos de troncos, gretas de edificios, adegas, etc. A principios de primavera as femias comezan a voar en busca das súas plantas nutricias, onde depositan un ou dous grandes grupos en canto a planta pode ofrecer alimento. As eirugas eclosionan dúas semanas máis tarde e mantéñense xuntas protexidas por un niño sedoso. Ao chegar á penúltima muda, as eirugas deixan o niño, vivindo soas até a metamorfose. Aliméntanse de gran cantidade de plantas, sobre todo de olmos e salgueiros, pero tamén de rosáceas leñosas como estripeiro, maceira, amendoeira, pereira ou capudre. A finais da primavera a eiruga forma a crisálide de cor parda no chan, troncos de árbores, ramas ou tapiais pouco transitados.[5][4][6][7]
É unha especie ligada a zonas de árbores, son máis frecuentes nos bosques caducifolios e nos bosques de ribeira e bosques en galería, e preto dos cursos de auga.[8]
Distribúese pola conca mediterránea (sur de Europa e norte de África) até o sur de Escandinavia e polo leste até o mar Caspio, e na cordilleira do Himalaia.[4]
O seu estado de conservación non reviste preocupación e non se atopa incluída na Lista vermella da UICN nin no Atlas y libro rojo de los invertebrados amenazados de España.[9] Con todo cada vez atópase máis limitada a zonas montañosas ou de bosques de ribeira moi ben conservados, debido á redución do seu hábitat.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.