Papilionoidea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Papilionoidea é unha superfamilia monofilética de lepidópteros ditrisios que inclúe todas as familias de bolboretas diúrnas.[2] A súa circunscrición actual coincide coa delimitación tradicional do clado Rhopalocera, e suxire que as superfamilias Hesperioidea e Hedyloidea non son válidas.



Remove ads
Nomenclatura
Durante moitos anos, os ropalóceros tiveron o rango taxonómico de suborde no que se incluían as bolboretas diúrnas, en contraposición da suborde Heterocera, ou bolboretas nocturnas (trazas, falenas e outras, ou "moths" para os anglófonos). Esta antiga división dos lepidópteros en dúas subordes quedou superada pola cladística moderna que demostrou que se trataba dunha clasificación artificial e, na actualidade, os lepidópteros se subdividen nas subordes Aglossata, Glossata, Heterobathmiina e Zeugloptera. O termo ropalócero é frecuentemente utilizado, pero inapropiado segundo as regras de nomenclatura e o coñecemento actual sobre o grupo. Demostrouse que o clado conformado polas seis familias de bolboretas diúrnas forman un grupo monofilético xunto coa familia Hedylidae, a este grupo asignóuselle o rango de superfamilia e o nome correcto é Papilionoidea.[2]
A característica que se usaba para separar os ropalóceros dos heteróceros era a forma das antenas; na maioría dos ropalóceros as antenas son longas, delgadas e acaban un engrosamento ou maza, mentres que nos heteróceros, as antenas teñen formas moi diversas e variadas segundo as familias.
Remove ads
Familias de Papilionoidea
Segundo a clasificación tradicional, Papilionoidea incluía cinco familias:[3][4]
- Familia Papilionidae
- Familia Pieridae
- Familia Lycaenidae
- Familia Riodinidae
- Familia Nymphalidae
Pero a circunscrición actual, agrega ás familias Hesperiidae e Hedylidae, anteriormente consideradas como superfamilias independentes (Hesperioidea e Hedyloidea respectivamente).[5]
Evolución e Bioxeografía
As análises filoxenéticas recentes suxiren que todas as sete familias forman un clado monofilético, cos Papilionidae como grupo irmán do resto das familias de Lepidoptera:[2][6]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seis das sete familias de Papilionoidea están distribuídas por todo o mundo. Hedylidae é a única familia restrinxida á rexión Neotropical, e polo menos tres das outras familias (Nymphalidae, Hesperiidae e Riodinidae) teñen maior riqueza nesta rexión. Lycaenidae ten unha maior riqueza na rexión Afrotropical, mentres que Papilionidae e Pieridae son máis ricas na rexión Oriental.[7]
Interaccións bióticas

As larvas das bolboretas da superfamilia Papilionoidea reportáronse comendo en máis de 6000 especies de plantas de polo menos de 2200 xéneros e 212 familias, incluíndo 204 familias de plantas anxiospermas.[7] Soamente 260 especies foron reportadas en plantas non anxiospermas ou utilizando recursos alternativos. Dentro das anxiospermas, todas as sete familias, e polo menos 36 das 41 subfamilias de papilionoidea foron reportadas comendo no grupo de ordes das rósidas (fábidas e málvidas segundo o APG III), dentro deste grupo a familia Fabaceae é a que se reportou máis frecuentemente. A familia Poaceae, dentro das plantas monocotiledóneas, é a segunda familia máis frecuentemente reportada como planta hospedera para as bolboretas de tres subfamilias de Hesperiidae e a subfamilia Satyrinae (Nymphalidae).[8][9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads