movemento cultural From Wikipedia, the free encyclopedia
Ernesto "Che" Guevara é unha personalidade política que, após a súa morte, se ten convertido nunha das figuras máis difundidas da era contemporánea. As imaxes da súa figura aparecen en moitos soportes, tales como bandeiras, camisolas, carteis, autocolantes... sendo excepcionalmente reproducida a fotografía de Alberto Korda, en distintas versións. É así a comercialización dun símbolo do anti-capitalismo, perdendo en moitas ocasións a súa connotación ideolóxica e política.
Ademais a súa influencia maniféstase na cultura, sendo realizadas cancións, filmes, libros etc. relativos á súa persoa constituíndo na actualidade unha icona popular moi espallada na sociedade, sobre todo pola súa condición de revolucionario e aventureiro. A súa influencia como símbolo de rebelión e revolución foi especialmente significativa no Maio do 68 francés[1], chegando Jean-Paul Sartre a dicir que o Che era o ser humano máis completo da nosa época.
A condición do Che como icona popular continuou a través do mundo e as épocas, falándose habitualmente dun "culto do Che" global, especialmente realizado en Latinoamérica. Así, por exemplo, os escolares cubanos comezan cada día de clase coa promesa: "Seremos como el Che".
A foto de Alberto Korda que deu a volta ó mundo é o retrato fotográfico probablemente o máis famoso do mundo, e representa a Guevara, cuberto dunha cazadora, unha boina posta sobre a cabeza cunha estrela. É o 5 de marzo de 1960. Un millón de persoas asisten no cemiterio de Colón, na Habana, a un explosivo discurso de Fidel Castro. Trátase de homaxear ás vítimas (entre 70 e 100 mortos segundo as fontes) do atentado atribuído á CIA contra o buque de carga francés La Coubre que descargaba, a véspera, armas compradas por Cuba a Bélxica.
Na tribuna oficial atópanse, entre outras persoas, os intelectuais franceses Jean Paul Sartre e Simone de Beauvoir. O fotógrafo do diario Revolución, Alberto Díaz Gutiérrez Korda, asiste a esta concentración. No seu libro As 100 fotografías do século (éd. do Chêne, 1999), di:
Eu non vira ó Che, que estaba na parte traseira da tribuna. Ata que se avanza para abarcar da mirada ó xentío acumulado sobre quilómetros. Tiven exactamente o tempo de tomar unha fotografía horizontal, logo unha segunda vertical (...), prefería a vertical, pero había a cabeza dun home que excede por encima do ombreiro do Che. Decidín entón recadar a fotografía horizontal eliminando o perfil dun home (á esquerda) e dunha palmeira (á dereita).
Fai varias tiradas incluídas unha que ofrece a Giangiacomo Feltrinelli, con motivo dunha viaxe do editor italiano á Habana. E pasan sete anos, ata o 9 de outubro de 1967, día en que o exército boliviano abate a Ernesto "Che" Guevara. Feltrinelli lanza ó mercado a fotografía tomada por Korda, da cal obtén un millón de pósters vendidos a 5 dólares peza, coa única mención "Copyright Feltrinelli".
Esta fotografía vai dar a volta ó mundo e pasa a ser unha icona. Alberto Korda á súa vez, non se fará famoso ata a metade dos anos noventa, tempo no cal comezará a recibir os dereitos de autor.
Personalidades das máis diversas ideoloxías e características expresaron a súa simpatía polo Che Guevara, como Jean Paul Sartre, Juan Domingo Perón, os futbolistas Diego Maradona e Thierry Henry, o expresidente neoliberal da Arxentina Carlos Menem, o líder disidente chinés Leung Kwok-hung, o músico Carlos Santana, o actor Pierre Richard, o escritor Gabriel García Márquez, o líder chechén Shamil Basáiev, o grupo musical Rage Against the Machine, entre moitos outros.
Pola contra os opositores á figura do Che Guevara (sobre todo os cubanos residentes nos Estados Unidos) recalcan as súas ideas comunistas, ás que consideran totalitarias, e a influencia que tivo para que Cuba se unira ó comunismo e, durante a guerra fría, ingresase no bloque comunista conducido pola Unión Soviética.
Ben que a gran parte da oposición ós métodos de Guevara vén da dereita, e de grupos anarquistas e libertarios, que que consideran a Guevara un autoritario, stalinista e responsable da creación dun réxime burocrático e totalitario[2].
«Son o Che e vallo máis vivo ca morto». Estas foron as palabras con que Ernesto Che Guevara ameazou ós seus capturadores un día antes de ser fusilado na Higuera (Bolivia), o 9 de outubro de 1967. Aquel guerrilleiro acurralado non podía imaxinar entón que a súa morte o convertería en lenda. Menos aínda que a industria capitalista ía ser a encargada de facer da lenda, mito.
Un ano despois da súa execución, os estudantes europeos xa levantaban a súa imaxe en bandeiras e estandartes nas súas manifestacións; a súa imaxe imprimíase por millóns e a icona do Che resultaba rendible en todo o mundo.
É a partir da segunda metade dos anos sesenta que o Che exerceu unha verdadeira fascinación sobre as novas xeracións, entrando no seu imaxinario en forma de posters, tee-shirts, felpas, pin' s, bandeiras ou estandartes. Máis aló da menor banalización consubstancial ó consumo, o mito non enfebleceu.
O feito de que sempre loitou noutros países lonxe da súa Arxentina conferiulle unha certa imaxe romántica.
A imaxe do Che é mítica en toda a América Latina. Na localidade onde foi asasinado en 1967 érguese actualmente unha estatua na súa homenaxe. Pasou a ser coñecido na rexión como San Ernesto de La Higuera e dáselle case culto como santo pola poboación local.
A morte do Che case coincidiu cos acontecementos de Maio do 68, e nas súas manifestacións foi a súa efixie unha das máis presentes. Ten aparecido nas manifestacións da esquerda de medio mundo, dando lugar incluso a un movemento ideolóxico chamado Guevarismo. A súa imaxe aparece en camisetas, bandeiras, anuncios etc.
A figura de Ernesto Guevara foi motivo dunha gran cantidade de obras artísticas, tanto en Cuba como no resto do mundo. Sen ningunha dúbida a máis coñecida é a canción Hasta siempre comandante, composta por Carlos Puebla, que se volveu un clásico da canción latinoamericana.
Numerosas cancións renden homenaxe ou falan sobre Ernesto Guevara, entre elas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.