pintura de Jan Steen From Wikipedia, the free encyclopedia
O burgomestre de Delft e a súa filla (ou coa variante "alcalde" en lugar de "burgomestre")[1], coñecido tamén, sobre todo na tradición holandesa, como Adolf e Catharina Croeser na Vella Delft (en neerlandés: Adolf en Catharina Croeser aan de Oude Delft), é o nome co que se coñece unha pintura ao óleo sobre lenzo de 1655, do pintor holandés Jan Steen.[2]
O cadro está asinado no bordo dun chanzo das escaleiras e datado en 1655, e pintouse sobre un lenzo de 32,5 por 27 polgadas. Trátase dun bo exemplo da idade de ouro da pintura holandesa e forma parte da colección do Rijksmuseum.
Esta pintura foi documentada por Hofstede de Groot en 1910, quen escribiu:
"878. Chamado retrato do burgomestre de Delft e a súa filla. O home está sentado no centro, nas escaleiras diante da súa casa; terma dunha folla de papel. A súa filla baixa dous pasos á esquerda cara ao espectador. O home viste de negro; a moza ten unha saia azul e un vestido gris púrpura.
Unha mendicante de vermello cun cativo diríxese cara ao home pola dereita. Na distancia, á dereita, vese a torre da Igrexa Vella de Delft, e á esquerda da cabeza do home hai unha torre pequena. Unha ponte de pedra coas armas da cidade leva á cidade vella de Delft.
Á esquerda, na fiestra da casa, hai un ramo de flores nun vaso. A casa proxéctase lixeiramente diante das outras casas da rúa. A follaxe das árbores cobre parte da imaxe".[3]
A partir da venda do cadro en 1808, empezou a ser coñecido como "O burgomestre de Delft e a súa filla". Se a tradición é correcta, as persoas representadas nel son Geraldo Briel van Welhoeck (1593-1665) e a súa filla, nada en 1638 e casada en 1656 con Adriaan Bogaert van Beloys.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.