O planeta dos simios
novela de Pierre Boulle / From Wikipedia, the free encyclopedia
O planeta dos simios (en francés: La Planète des singes) é unha novela francesa de ciencia ficción de 1963 escrita por Pierre Boulle. A novela foi adaptada nun filme estadounidense, O planeta dos simios, estreado en 1968, o cal foi o xerme de toda unha franquía e varias secuelas cinematográficas.[1] A novela conta a historia de tres exploradores humanos orixinarios da Terra que visitan un planeta que orbita a estrela Betelgeuse, no cal os simios son a especie dominante, civilizada e intelixente, mentres que os humanos están nun estado de salvaxismo case animal.
Datos rápidos O planeta dos simios, Título orixinal ...
O planeta dos simios | |
---|---|
Título orixinal | La Planète des singes |
Autor/a | Pierre Boulle |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Le cercle du nouveau livre Faktoría K (Kalandraka) |
Data de pub. | 1963 2019 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 272 (gl) |
ISBN | ISBN 978-84-16721-43-6 (gl) |
Tradución | Antía Veres |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Foi traducido ó galego por Antía Veres Xesto e foi publicado polo selo editorial Faktoría K de Kalandraka no ano 2019.[2]