From Wikipedia, the free encyclopedia
O orangután de Tapanuli (Pongo tapanuliensis) é unha especie de orangután, nativo do sur de Tapanuli, na illa de Sumatra, en Indonesia.[2] É unha de tres especies coñecidas de orangután, xunto co orangután de Sumatra (Pongo abelii), que habita na parte noroeste da illa, e o orangután de Borneo (Pongo pygmaeus). Foi descrito como unha especie diferente no ano 2017 e é a primeira especie de homínido descrita dende o bonobo (Pan paniscus) en 1929.[3]
Orangután de Tapanuli | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
En azul, a distribución do xénero Pongo na illa de Sumatra, sendo a mancha inferior a correspondente ó orangután de Tapanuli e as restantes a orangután de Sumatra. |
Unha poboación illada de orangutáns na área de Batang Toru de Tapanuli foi descuberta en 1939.[4] A poboación foi redescuberta por unha expedición á área en 1997,[5] pero non foi recoñecida como unha especie diferente daquela.[6] Pongo tapanuliensis foi identificado como unha especie despois dun detallado estudo filoxenético en 2017. O estudo analizou as mostras xenéticas de 37 orangutáns salvaxes de Sumatra e Borneo e levouse a cabo unha análise morfolóxica dos esqueletos de 34 machos adultos.[2] O espécime primario do estudo, e o holotipo da especie, foi o esqueleto dun macho adulto de from Batang Toru que morreu despois de ser ferido polos locais en novembro de 2013.[2][7] A caveira e o postcranio do espécime consérvanse no Museo zoolóxico de Bogor.[2] A caveira e os dentes do macho de Batang Toru difiren significativamente dos das outras especies de orangutáns.[8] O estudo xenético tamén sinalou que a poboación de Batang Toru podería ser considerada unha especie diferente, xa que os xenomas dos dous individuos da poboación amosan trazos distintivos.[2]
O nome científico, tapanuliensis, así como o nome común, o orangután de Tapanuli, refírese a Tapanuli, a área do norte de Sumatra onde vive a especie.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.