Organización de Países Exportadores de Petróleo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización económica internacional, con sede en Viena. Foi creada como resposta á baixada do prezo oficial do petróleo acordada unilateralmente polas grandes compañías distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificación e coordinación das políticas petroleiras dos países membros, coa defensa dos seus intereses como nacións produtoras. A OPEP é o exemplo máis coñecido de cartel: o seu obxectivo é unificar a política petrolífera dos países membros, centralizando a administración da actividade, o que inclúe un control de prezos e do volume de produción, estabelecendo presións no mercado.
Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Organización dos Países Exportadores de Petróleo (OPEP) | |
---|---|
Tipo | Organización económica |
Fundación | 10-14 de setembro de 1960 en Bagdad (Iraq) |
Localización | Viena (Austria) |
Persoas clave | Angola Arabia Saudita Alxeria Ecuador Emiratos Árabes Libia Irán Iraq Kuwait Nixeria Qatar Venezuela |
Na rede | |
https://www.opec.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar