Orgánulo
diferentes estruturas suspendidas no citoplasma dunha célula, con forma e función diferenciadas / From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía celular, denomínanse orgánulos[1] ou organelos[2] as diferentes estruturas suspendidas no citoplasma da célula eucariota, que teñen unha forma e unhas funcións especializadas ben definidas e diferenciadas. A célula procariótica carece da maior parte dos orgánulos (xeralmente só posúe ribosomas).
Non todas as células eucariotas conteñen todos os orgánulos ó mesmo tempo, senón que algúns aparecen en determinadas células de acordo coas súas funcións.