Oscar Roty
escultor, medallista e deseñador de moedas e de selos francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Oscar Roty, nado en París o 12 xuño de 1846 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1911,[1] foi un escultor, medallista e deseñador de moedas e de selos de correos francés.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1846 París, Francia |
Morte | 23 de marzo de 1911 (64 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Ecole Nationale Supérieure des Arts Décoratifs (pt) Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Ocupación | medallista , deseñador de selos , escultor , artista visual |
Membro de | Academia de Belas Artes (1888–1911) |
Profesores | Horace Lecoq de Boisbaudran (pt) e Hubert Ponscarme |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Páxina web | oscar-roty.fr |
Pechar
A súa figura é destacable sobre todo como autor do deseño da "Sementadora", cuxa orixe se remonta a un proxecto de medalla inconcluso de 1887 que Roty retomou en 1896 para responder a unha encarga do Ministerio de Finanzas. Esta figura foi moi utilizada en moedas da República Francesa en diversas ocasións a partir de 1897, e tamén nos selos postais a partir de 1903.