Otón de Habsburgo-Lorena e Borbón-Parma (en alemán : Otto von Habsburg-Lothringen und Bourbon-Parma ), nado en Villa Warholz , Reichenau an der Rax , Baixa Austria o 20 de novembro de 1912 e finado en Pöcking , Baviera , Alemaña o 4 de xullo de 2011 ),[1] foi o fillo máis vello de Carlos I de Austria e IV de Hungría , último emperador de Austria e rei de Hungría , e da súa esposa Zita de Borbón-Parma .
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Otón de Habsburgo-Lorena Nome orixinal (de) Otto von Habsburg Biografía Nacemento (de) Franz Joseph Otto Robert Maria Anton Karl Max Heinrich Sixtus Xaver Felix Renatus Ludwig Gaetan Pius Ignatius Habsburg 20 de novembro de 1912 Reichenau an der Rax (Imperio Austrohúngaro)
Morte 4 de xullo de 2011 (98 anos)Pöcking, Alemaña (pt) Lugar de sepultura Cripta Imperial de Viena (pt) Eurodeputado
19 de xullo de 1994 – 19 de xullo de 1999 Eurodeputado 25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994 Eurodeputado
24 de xullo de 1984 – 24 de xullo de 1989 Eurodeputado 17 de xullo de 1979 – 23 de xullo de 1984 Head of the House of Habsburg (en)
1 de abril de 1922 – 4 de xullo de 2011 ← Carlos I de Austria – Carlos de Habsburgo-Lorena →
Datos persoais Residencia Pöcking (pt) (1954–) Estados Unidos de América (1940–1944) Bélxica (1929–) Illa de Madeira (1922–) Schloss Eckartsau (en) (–1919) Suíza (1919–1921) Lekeitio País de nacionalidade Alemaña (1990–) Croacia (1990–) Alemaña do Oeste (1978–1990) Austria (1965–) Mónaco (1946–1965) Austria (1918–1941) Reino de Hungría (–1918) Cisleitania (–1918) Reino de Bohemia Relixión Catolicismo Educación Universidade Católica de Lovaina (KU Leuven) (pt) - Ciências do Estado (pt) , ciencia social (1929–1935) Benedictine High School of Pannonhalma (en) Actividade Lugar de traballo Estrasburgo Bruxelas Ocupación político Partido político Unión Social Cristiá de Baviera Membro de Lingua Lingua inglesa , lingua francesa , lingua alemá , lingua húngara , lingua croata , lingua castelá e lingua latina Outro Título Arquiduque (1912–1916) Duke of Bar (en) Príncipe da Coroa (pt) Familia Casa de Habsburgo-Lorena (pt) Cónxuxe Princess Regina of Saxe-Meiningen (1951–2010) Fillos Georg Habsburg-Lothringen (pt) , Valburga, Condessa Douglas (pt) , Carlos de Habsburgo-Lorena , Gabriela da Áustria (pt) , Mônica, Duquesa de Santángelo (pt) , Michaela de Habsburgo-Lorena (pt) , Andréa, Condessa Herdeira de Neipperg (pt) Pais Carlos I de Austria e Zita de Bourbon-Parma (pt) Irmáns Adelaide da Áustria (1914–1971) (pt) , Roberto da Áustria-Este (pt) , Archduke Felix of Austria , Archduke Carl Ludwig of Austria , Archduke Rudolf of Austria , Carlota da Áustria (pt) e Archduchess Elisabeth of Austria (en)
Páxina web otto.twschwarzer.de
Pechar
Otón de Habsburgo-Lorena en 2004.
Liderou durante 85 anos (de 1922 a 2007 ) a dinastía Habsburgo e foi o titular de todas as súas pretensións. Renunciou aos seus dereitos o 1 de xaneiro de 2007 a favor de seu fillo o arquiduque Carlos . Dinasticamente foi sobriño bisneto de Francisco Xosé I , emperador de Austria-Hungría , de Maximiliano I de México e do arquiduque Luís Vitor de Austria .
Ostentou o nome oficial de "Súa Alteza Imperial e Real Francisco Xosé Otón Roberto María Antonio Carlos Maximiliano Henrique Sixto Xavier Félix Renato Luís Caetano Pío Ignacio , Príncipe Imperial, Arquiduque de Austria, Príncipe Real de Hungría e de Bohemia", aínda que desde 1919 (confirmado en 1959 ) en Austria foi oficialmente o Dr. Otto Habsburg-Lothringen .
Político, periodista e escritor, foi durante vinte anos (1979-1999), membro do Parlamento Europeo polo partido Unión Social Cristiá de Baviera (CSU) e presidente da Unión Internacional Paneuropea . Tivo as cidadanías austríaca , húngara , alemá
e croata .