From Wikipedia, the free encyclopedia
O páncreas é un órgano do sistema dixestivo de función glandular mixta: endócrina e exócrina.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Páncreas | |
---|---|
1: Cabeza do páncreas 2: Proceso uncinado do páncreas 3: Pancreatic notch 4: Corpo do páncreas 5: Superficie anterior do páncreas 6: Superficie inferior do páncreas 7: Marxe superior do páncreas 8: Marxe anterior do páncreas 9: Marxe inferior do páncreas 10: Omental tuber 11: Tail of pancreas 12: Duodeno | |
Gray's | pág.1199 |
Arteria | Arteria pancreaticoduodenal inferior, Arteria pancreaticoduodenal superior, arteria esplénica |
Vea | Veas pancreaticoduodenais, Veas pancreáticas |
Nervio(s) | Plexo pancreático, ganglios celíacos, vago |
Precursor | pancreatic buds |
MeSH | Pancreas |
Dorlands/Elsevier | Pancreas |
O páncreas produce enzimas que axudan á dixestión de alimentos. Por todo o páncreas atópanse lugares denominados illotes de Langerhans, formados por células que teñen un fin determinado: as células alfa producen glicagón, que eleva o nivel de glicosa no sangue; as células beta producen insulina; as células delta producen somatostatina; e tamén hai células PP, que producen o polipéptido pancreático, e as Dl, das que pouco se sabe.
En humanos, o páncreas é unha glándula longa de 15–25 cm que se localiza no abdome. Sendo unha das glándulas retroperitoneais, o páncreas está situado posteriormente ao estómago e está en asociación próxima ao duodeno. Xeralmente descríbese con tres rexións: a cabeza, corpo e o rabo.
O conduto pancreático (tamén chamado de ducto de Wirsung) percorre o comprimento do páncreas e termina na segunda porción do duodeno, na ampola de Vater (hepatopancreática). O conduto biliar común xeralmente se une ao conduto pancreático neste punto ou moi cerca del. Moitas persoas tamén posúen un pequeno conduto accesorio, o conduto de Sartorini.
O páncreas é suplido arterialmente polas arterias pancreaticoduodenais:
A drenaxe venosa é feita a través das veas pancreáticas que son tributarias das veas esplénica e mesentérica superior, no entanto a maioría delas terminan na vea esplénica. A vea porta hepática está formada pola unión da vea mesentérica superior e vea esplénica posteriormente ao colo do páncreas. Xeralmente a vea mesentérica inferior únese á vea esplénica atrás do páncreas (noutras persoas ela simplemente se une á vea mesentérica superior).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.