Nervio vago

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nervio vago
Remove ads

O nervio vago, X par cranial ou nervio pneumogástrico, é un dos doce pares craniais.

Máis información Nervios craniais ...
Remove ads

Orixe aparente e traxecto

Orixínase no bulbo raquídeo e atravesa o burato xugular do occipital. Descende polo pescozo xunto coa arteria carótide interna na parte superior e coa arteria carótide común na parte inferior; e coa vea xugular interna, constituíndo o paquete vasculo-nervioso do pescozo. Este paquete viaxa cuberto pola parte fonda do músculo esternocleidomastoideo. Acompaña á carótide ata o arco aórtico. Sérvese da aorta e chega ás vísceras torácicas e abdominais, agás a parte final do intestino groso.

Remove ads

Orixe real do X par

Tres núcleos do troncoencéfalo asociados:

  • Núcleo motor dorsal do vago
  • Núcleo do tracto solitario
  • Núcleo ambiguo

Ramos principais do nervio vago (X)

  • Nervio auricular
  • Rama farínxea
  • Nervio larínxeo superior
  • Plexo cardíaco
  • Nervio recorrente larínxeo
  • Ramos para o plexo pulmonar
  • Plexo esofáxico

Innervación torácica e visceral

Xunto coa aorta e outros vasos chega a:

Innervación de musculatura lisa

  • Músculo crico-tiroide
  • Elevador da úvula
  • Músculo palatogloso
  • Constritores da farinxe
  • Músculos superiores la larinxe

Funcións do vago

  • Sensitiva: recolle a sensibilidade do terzo posterior da lingua e parte superior da farinxe
  • Sensitiva: recolle información da trompa de Eustaquio e do oído medio
  • Motora: move os músculos anteriormente enunciados
  • Motora: produce descenso do ritmo cardíaco. Apenas inflúe na forza de contracción coronaria
  • Mixta: acción sobre as vísceras abdominais: movementos das mesmas, regulación da liberación de diversas substancias, tales como a propia insulina, a colecistoquinina ou secretina. É unha acción mediada por acetilcolina.
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads