Palestina (rexión)
rexión do Oriente Medio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Palestina (en latín: Syria Palæstina, en árabe فلسطين Filasṭīn), é unha rexión do Oriente Medio que se estende desde a costa oriental do mar Mediterráneo ata ao interior. O seu estatuto político é disputado acesamente.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Palestina.
A zona que corresponde á antiga Palestina atópase hoxe dividida entre unha área do estado de Israel e os territorios de maioría árabe ocupados por Israel despois da Guerra dos seis días en 1967: a Franxa de Gaza, a de Cisxordania, e Xerusalén Leste. Algunhas partes dispersas desta área árabe pasaron hai algúns anos a ser administradas por unha entidade autónoma, a Autoridade Palestina, mais Israel mantén o control das fronteiras .