Partido Comunista de Chile
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Comunista de Chile, o PCCh, é un partido político chileno de esquerdas. O partido adopta a estrutura e ideoloxía marxista-leninista e é membro do Foro de São Paulo. O PCCh é liderado actualmente por Guillermo Teillier.
Partido Comunista de Chile | |
---|---|
Partido político de Chile | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Guillermo Teillier |
Filiación internacional | Foro de São Paulo |
Historia | |
Fundación | 1912 (Partido Obrero Socialista) e 1922 (nome actual)[1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo, Marxismo-leninismo |
Outros datos | |
Sede | Vicuña Mackenna 31 – Santiago de Chile |
Na rede | |
www.pcchile.cl | |
As súas orixes comezan coa fundación do partido no ano 1912 por Luis Emilio Recabarren co nome de Partido Obrero Socialista, e no ano 1922 foi fundado co nome actual. O partido foi parte da Unidade Popular en 1970 e apoiou a candidatura de Salvador Allende. Despois foi prohibido baixo o goberno militar da ditadura de Augusto Pinochet entre os anos 1973 e 1990.
Entre os seus militantes máis destacados e coñecidos tamén se encontran: Luis Emilio Recabarren, Elías Lafferte, Pablo Neruda, Violeta Parra, Víctor Jara, Gladys Marín, Volodia Teitelboim e Camila Vallejo. A súa organización xuvenil son as Xuventudes Comunistas de Chile.
Nas eleccións parlamentarias do ano 2009, consegue 3 deputados: Hugo Gutiérrez, Guillermo Teillier e Lautaro Carmona, logo de 37 anos sen representación no parlamento chileno.
Na actualidade, o partido protesta contra o goberno do presidente da república Sebastián Piñera tendo os mesmos tres deputados e tamén publica un xornal chamado El Siglo.