Partit Popular Català
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partit Popular Català (ata 2012 Partit Popular de Catalunya) é a federación do Partido Popular estatal en Cataluña. Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular. Con sede central na rúa Urgell de Barcelona, está presidido actualmente por Alícia Sánchez-Camacho. Anteriormente a formación estivo presidida por Alejo Vidal-Quadras Roca, Alberto Fernández Díaz, Josep Piqué e Daniel Sirera.
Partit Popular Català | |
---|---|
Partido político catalán | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Alícia Sánchez-Camacho |
Mocidades | Noves Generacions |
Filiación internacional | Partido Popular Europeo |
Historia | |
Fundación | Xaneiro do 1989 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | centro-dereita, españolista, conservador e liberal |
Outros datos | |
Sede | C/ Urgell, 249 08036 Barcelona |
Na rede | |
www.ppcatalunya.com/ | |
É actualmente a cuarta forza política no Parlamento de Cataluña. Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006 conseguiu o 10,64 por cento dos votos, o que lle asignou 14 escanos no parlamento. O seu mellor resultado foi en 1995, cando obtivo 17 representantes.
Recentemente mostrouse en contra do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006, facendo campaña polo "Non" no Referendo estatutario que se celebrou o 18 de xuño de 2006.