Paso do Noroeste
ruta marítima no norte de Norteamérica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O paso do Noroeste, ás veces tamén chamado paso do Norte,[1] é o nome co que se coñece a ruta marítima que bordea Norteamérica polo norte, atravesando o océano Ártico e conectando o estreito de Davis e o estreito de Bering ou, o que é o mesmo, o océano Atlántico e o océano Pacífico.[2][3]
A ruta discorre por un conxunto de estreitos localizados no arquipélago ártico canadense, entre as grandes illas árticas e as terras continentais.
É o que os antigos cartógrafos da alta Idade Moderna coñecían como o lendario estreito de Anián