From Wikipedia, the free encyclopedia
Un pastel, bolo ou torta é un alimento doce que polo xeral se prepara no forno. Combinan fariña, azucre ou edulcorantes, ovos, leite, auga, aceite e fermentos. Tamén se pode poñer froita natural ou en zume. Para facelos máis divertidos decóranse con doces, con crema, confeitos e caramelo.
Pastel | |
Tipo | Doce |
Ingredientes | |
Orixe animal | ovo Leite |
Orixe vexetal | Fariña Azucre Aceite Fermento |
Condimentos | Edulcorante |
Variantes | Torta de Santiago Torta de queixo |
A meirande parte dos pasteis elabóranse con fariña de trigo, xa que logo é importante o xeito a mesturar os ingredientes para que non adquira unha textura pastosa. Para isto tense que remexer minimamente unha vez se teña engadido a fariña. Tamén cómpre pór de relevo o xeito de bater os ovos e os fermentos, que fan que a masa sexa esponxosa. Así mesmo, o aceite ten que ser de sabor suave, pois un gusto intenso pode agochar o sabor dos ingredientes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.