Apfelstrudel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apfelstrudel
Remove ads

Apfeltrudel é unha sobremesa tradicional da cociña bávara e austríaca. As orixes desta sobremesa poderían ser da cociña bizantina, armenia ou turca. Consiste nun strudel reenchido de mazá.

Datos rápidos Orixe, Identificadores ...
Thumb
Apfelstrudel de masa follada.
Thumb
Apfelstrudel "estirado".
Remove ads

Historia

O Apfelstrudel servía na antigüidade de sustento para a xente máis humilde. As precedentes deste pastel están, probablemente, no árabe e armenio Baklava. A receita puido chegar cos soldados cazares do Imperio Otomán que, logo da conquista de Bizancio no ano 1453, se dirixiron atravesando os Balcáns cara a Viena. A cociña vienesa adoptou este prato e o perfeccionou até chegar a ser o que coñecemos hoxe en día. O éxito desta sobremesa fixo que posteriormente a súa receita se volvese popular en todos os países do antigo Imperio Austrohúngaro.

Remove ads

Ingredientes

Consiste nun rolo de follado recheo de compota de mazá, azucre, canela, uvas pasas e pan relado que unha vez preparado cocíñase no forno. Outros ingredientes inclúen piñóns, noces, ou améndoas reladas. A arte da súa elaboración consiste en facer a pasta do follado o máis fina e elástica dentro do posible. Os mestres pasteleiros austríacos e alemáns sosteñen que para que esta sobremesa estea no seu punto xusto, debería poderse ler un xornal a través dela.

Para cociñar o Apfelstrudel, chégase a escoller as mazás axeitadas para que teñan un bo aroma, unha textura agradable de compota e ao padal un "toque" lixeiramente acedo.

Remove ads

Modo de servir

Cómpre servilo acabado de facer e aínda quente, xeralmente con algo de azucre glas empoado por riba. Adóitase servir coa salsa doce de crema aromatizada con vainilla quente; esta salsa sérvese en cuncas de porcelana á parte do strudel e é habitual que nas cafeitarías e restaurantes austríacos e alemáns sexa acompañado de xeado de vainilla.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • "Apfelstrudel bis Zanderfilet". JORGENS, Viktor. Deutscher Aerzte-Verlag G, 2003, 128 p. ISBN 3-7691-7086-5

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads