Fariña
po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A fariña é un po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais (especialmente trigo, millo etc). É o principal ingrediente do pan, o alimento básico en moitas partes do mundo. Tamén se obtén fariña dalgúns legumes e de froitos secos, como a soia e a améndoa.


A fariña é rica en amidón, que é un hidrato de carbono complexo. Cando a fariña se mestura con auga, o glute, unha proteína, actúa dándolle unha estrutura elástica á masa que permite "traballala" e que reteña burbullas de gas, o que resulta nunha textura final esponxosa. Este é un efecto buscado no pan, pasteis etc.
Algúns individuos padecen dunha intolerancia ao glute denominada celiaquía ou enfermidade celíaca, o que lles impide comer pan, pastas, pasteis ou calquera produto derivado do trigo, avea ou cebada, cereais que conteñen glute, pero hoxe pódense atopar no mercado produtos derivados de fariña sen glute.
Remove ads
Composición

Composición da fariña de trigo por cada 100 g:
Fonte: Administración de Drogas dos EUA.
Remove ads
Tipos de fariña segundo a elaboración


- Fariña refinada: fariña que se separou do farelo despois da moenda. Ten un aspecto máis branco e fino.
- Fariña integral: fariña directamente obtida do proceso de moedura. Ten un aspecto máis escuro.
Tipos de fariña de orixe vexetal
- Fariña de arroz: utilízase na cociña do sueste asiático.
- Fariña de mandioca: utilízase en Paraguai, a Arxentina e o Brasil.
- Fariña de castaña: utilízase en Córsega, no Périgord (Francia) e en Italia.
- Fariña de garavanzo: empregada en rebozados e fritos na India.
- Fariña Leudante: fariña común con lévedos que se usa na elaboración de sobremesas.
- Fariña de forza: fariña con alto contido de proteínas (glute), polo menos 12% de proteína ao peso.
- Fariña de chícharos: utilízase na cociña India.
- Fariña de pedrelo: utilízase nas migas de fariña e emprega pedrelo, as gachas e para o rebozado denominado á andaluza no peixe fritido.
- Fariña milla: procedente do millo.
- Fariña centea: procedente do centeo.
- Fariña de soia: procedente da soia.
- Fariña de fabas: procedente da faba.
- Fariña de pataca: procedente da pataca.
Tipos de fariña de orixe animal
- Fariña de peixe
- Fariña de óso
- Fariña de sangue
- Fariña de plumas
Véxase tamén
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fariña |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Información nutricional (en castelán)
- De la farine au pain Arquivado 20 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en francés)
- Fariña de mandioca Arquivado 17 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en portugués)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
