From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, nado o 10 de abril de 1749 na parroquia de Santaia de Curtis (Curtis) e finado o 4 de outubro de 1806 en Santiago de Compostela, foi un relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1749 Curtis, España |
Morte | 4 de outubro de 1806 (57 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Santiago |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | católica |
Educación | U. de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | cóengo , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Naceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispo Alejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.
Foi cofundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.
Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o océano Atlántico.[2]
Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]
Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome dende o ano 2013.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.