Pedro Chosco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Chosco ou Pedro Chusco é un personaxe mítico galego. Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Rolda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar.
- Vaite de aí, Pedro Chosco
- non me tentes a criada,
- nin ma vistes, nin ma calzas,
- nin lle pagas a soldada.
Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir. En Dinamarca existe Ole Kolpoje, ou sexa Ole Pechaollos, análogo ó galego. En Inglaterra é Billy Winker, en Escocia Wee Willie Winkie.[1]