Peixe espada
especie de peixe / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os peixes espada (Xiphias gladius) son grandes peixes predadores altamente migratorios, caracterizados polo seu bico longo e aplanado, diferente do dos seus parentes, as agullas, nas que é cónico. O peixe espada constitúe a única especie pertencente á familia Xiphiidae, e a súa pesca é un deporte popular. Son estilizados e teñen a característica de perder todos os seus dentes e escamas ao chegar á idade adulta. Acadan un tamaño máximo de 4,3 m e un peso de 540 kg. A marca da International Game Fish Association corresponde a un espécime de 536 kg capturado en 1953 en Iquique, Chile, onde é coñecido como albacora.
Peixe espada Rango fósil: Oligoceno ata Actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Xiphias gladius' Linnaeus, 1758 |
O peixe espada é coñecido comunmente oo gladiador" (de alí ao epíteto do seu nome científico, gladius), debido á forma do seu corpo e á semellanza do seu bico cunha espada, a cal emprega como arma tanto para atacar ás súas presas, como para defenderse dos seus depredadores naturais. En ocasións, tamén se lle denomina "emperador", malia referirse este nome a unha especie ben distinta: Luvarus imperialis. Esta confusión está provocada pola semellanza da carne dos filetes de ambas as dúas especies.
O marraxo é unha das poucas criaturas mariñas o suficientemente grande e rápida como para atrapar e matar un peixe espada adulto; os inmaturos son moito máis vulnerables á depredación por parte doutros peixes peláxicos de maior tamaño.