Península de Crimea
península na costa setentrional do Mar Negro / From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada pola auga.
Os seus nomes oficiais son:
A península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014.
Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.
Está rodeada por dous mares, o mar de Azov e o mar Negro, e só se conecta coa parte continental de Ucraína a través do istmo de Perekop de 8 km de ancho.
Crimea formou parte do Khanato de Crimea e do Imperio Otomán. O 8 de abril de 1783, Catarina II de Rusia anexionou de facto ao Imperio ruso a península integrándoa na gobernatura de Táuride.
Na actualidade, a República Autónoma de Crimea compón a maior parte da península.