Peptidil transferase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A peptidil transferase é un ribozima situado na subuinidade maior do ribosoma con actividade de aminoaciltransferase (EC 2.3.2.12), que exerce a principal actividade enzimática do ribosoma, creando enlaces peptídicos entre aminoácidos adxacentes portados por ARNt durante a biosíntese de proteínas (tradución). Os substratos da reacción da peptidil transferase son un peptidil-ARNt (un ARNt que leva unido unha cadea peptídica que se está sintetizando no ribosoma) e un aminoacil-ARNt (un ARNt que leva unido un aminoácido, que é o seguinte aminoácido que será engadido a dita cadea). A cadea polipeptídica en formación e o aminoácido están unidos cada un ao seu ARNt por enlace éster ao átomo de O nos extremos CCA-3' de ditos ARNt.[1]:437–8 A peptidil transferase cataliza a adición do residuo de aminoácido unido a un dos ARNt para que creza a cadea polipeptídica unida ao outro ARNt durante a síntese de proteínas.[2] A actividade de peptidil tansferase non se encontra na parte proteica do ribosoma, senón que depende enteiramente dun ARNr da subunidade ribosómica maior, polo que actúa como un ribozima, e cataliza a formación de enlaces peptídicos.[3] O aliñamento entre os extremos CCA do peptidil-ARNt unido ao ribosoma e o aminoacil-ARNt no centro activo da peptidil transferase contribúe á súa capacidade de catalizar estas reaccións.[4] Esta reacción ocorre por medio dun desprazamento nucleofílico. O grupo amino do aminoacil-ARNt ataca o grupo carboxilo terminal do peptidil-ARNt.[3] É un ribozima cunha secuencia de nucleótidos que foi moi conservada durante a evolución. A existencia de ribozimas como este apoia a hipótese do mundo de ARN, na que o ARN tería un papel fundamental na orixe da vida.[5]
- En procariotas, esta actividade está situada na subunidade ribosómica de 50S, concretamente no ARNr 23S.[1]:1062
- En eucariotas, esta actividade está situada na subunidade ribosómica dee 60S e depende do ARNr 28S.
Peptidil transferase | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | |||
Identificadores | |||
Identificadores externos | Bases de datos de encimas
| ||
Número EC | 2.3.2.12 | ||
Número CAS | 9059-29-4 | ||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
PubMed (Busca) |
| ||
PMC (Busca) |
|
Hai outros enzimas peptidil transferases que non funcionan na tradución, pero son relativamente poucos os enzimas con esta función.