From Wikipedia, the free encyclopedia
A peseta saharauí (en árabe البيزيتا الصحراوي) é a moeda de iure da República Árabe Saharauí Democrática dende a sinatura dos Acordos de Madrid en 1975.
Peseta saharauí | |
---|---|
البيزيتا الصحراوي (árabe) | |
Código: | ESP |
Ámbito: | Sáhara Occidental |
Símbolo: | ₧ ou Ptas |
Fracción: | 100 céntimos |
Moedas: | 1, 2, 5 e 50 pesetas (non conmemorativas) |
Billetes: | non existen |
Emisor: | Fronte Polisario |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 166,386 EHP |
A pesar de que esta moeda non ten carácter oficial, ten asignado o código ISO 4217 EHP. Divídese en 100 céntimos, aínda que non se acuñaron nunca moedas con estas denominacións, así como billetes en pesetas saharauís.
Ao ser un territorio ocupado por Marrocos,[1] a moeda que circula no territorio do Sáhara Occidental é o dirham marroquí, xunto á uquiya mauritana en menor medida.
Ao non ser unha moeda oficial nin recoñecida, non existe unha taxa de troco para a peseta saharauí. Con todo, tralos Acordos de Madrid, o goberno da República Árabe Saharauí Democrática fixou o seu valor como paritario á peseta española, cunha taxa de troco de 1 ESP = 1 EHP; e actualmente cunha paridade fixa co euro de 1 EUR = 166,386 EHP.
As moedas non conmemorativas acuñadas polo Fronte Polisario son de 1, 2, 5 e 50 pesetas, todas elas de cuproníquel:
Imaxe | Valor | Ano | Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 peseta | 1992 | Cuproníquel | 17,00 | 2,94 | Transporte típico النقل التقليدي |
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA | |
2 pesetas | 1992 | Cu+Ni | 20,00 | 3,56 | Transporte típico النقل التقليدي |
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA | |
5 pesetas | 1992 | Cu+Ni | 21,50 | 3,92 | Transporte típico النقل التقليدي |
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA | |
50 pesetas | 1990 | Cu+Ni | 24,40 | 6,40 | Transporte típico النقل التقليدي |
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA | |
As demais denominacións cuñadas son pezas conmemorativas ou temáticas, por exemplo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.