Pete Maravich
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Press Maravich, nado o 22 de xuño de 1947 en Aliquippa, Pensilvania e finado o 5 de xaneiro de 1988 en Pasadena (California), foi un xogador de baloncesto de estadounidense, coñecido polo alcume de Pistol Pete. Durante toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA) tivo unha media de 24,2 puntos, tras xogar 688 partidos cos Atlanta Hawks, logo nos recentemente creados New Orleans Jazz (que no seu último ano na franquía pasaron a chamarse Utah Jazz), e finalmente, tras sufrir unha grave lesión, xogou unha última tempada cos Boston Celtics.
Pete Maravich | |
---|---|
Posición | Base |
Dorsal | 44, 7 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Nacemento | 22 de xullo de 1947 Aliquippa (Pensilvania) |
Morte | 5 de xaneiro de 1988 (40 anos) Pasadena (California) |
Carreira | |
Universidade | Louisiana State |
NBA Draft | 1970 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Atlanta Hawks |
Tempadas | 1970–1980 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 15 948 (24,7 pp) |
Rebotes | 2 747 (4,2 pp) |
Asistencias | 3 563 (5,4 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Ingresou no Basketball Hall of Fame en 1987, sendo un dos máis novos en conseguilo, falecendo meses despois tras sufrir un ataque ao corazón durante un partido informal de baloncesto. Distinguíase polo seu estilo imaxinativo e arriscado, revolucionando o baloncesto cun estilo característico aínda moi seguido na actualidade; Maravich foi citado no Hall of Fame como "quizais o maior talento creativo ofensivo da historia".[1] En 1996 foi seleccionado como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA". En homenaxe, o seu dorsal 7 foi retirado por Utah Jazz en 1985 e por New Orleans Hornets (actuais New Orleans Pelicans) en 2002.