humorista e presentadora de televisión sueca From Wikipedia, the free encyclopedia
Petra Maria Mede, nada o 7 de marzo de 1970 en Estocolmo (Suecia), é unha humorista e presentadora de televisión sueca.[1] Mede é coñecida polos seus papeis en programas de humor como Morgonsoffan e Parlamentet. Tamén fixo monólogos humorísticos no programa Stockholm Live. En 2009 presentou o Melodifestivalen 2009, onde foi elixida a representación de Suecia para o Festival da Canción de Eurovisión 2009. En 2009 foi votada como mellor humorista feminina de Suecia. En 2013, foi elixida pola SVT para presentar o Festival da Canción de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö.[2] En 2015 foi elixida pola UER e a BBC para presentar xunto con Graham Norton a gala especial Eurovision Song Contest's Greatest Hits, que conmemorou o 60º aniversario do Festival de Eurovisión. En 2016 volveu ser elixida pola SVT para presentar o Festival da Canción de Eurovisión 2016 desde Estocolmo, nesta ocasión xunto a Måns Zelmerlöw. Mede tamén presentou a cerimonia dos Premios Guldbagge, os premios do cine sueco, en varias ocasións.
Petra Mede, 2024. | |
Nome orixinal | (sv) Petra Mede |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de marzo de 1970 (54 anos) Estocolmo, Suecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sueca |
Educación | Universidade de Estocolmo |
Actividade | |
Ocupación | Presentadora de televisión e comediante |
Período de actividade | 2005 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
maio de 2024 | Festival Eurovisão da Canção 2024 (pt) |
2016 | Melodifestivalen 2016 (pt) |
2016 | Festival de Eurovisión 2016 |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
Familia | |
Cónxuxe | Mattias Günther |
Cronoloxía | |
7 de maio de 2024-11 de maio de 2024 | Festival Eurovisão da Canção 2024 (pt) |
18 de xaneiro de 2016 | 51st Guldbagge Awards (en) |
2016 | Festival de Eurovisión 2016 |
26 de xaneiro de 2015 | 50th Guldbagge Awards (en) |
14 de maio de 2013-18 de maio de 2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
23 de xaneiro de 2012 | 47th Guldbagge Awards (en) |
2011 | 46th Guldbagge Awards (en) |
7 de febreiro de 2009-14 de marzo de 2009 | Melodifestivalen 2009 (en) |
1964 | Guldbagge (pt) |
Eurovision Song Contest's Greatest Hits | |
Premios
| |
Páxina web | petramede.se |
Petra Mede naceu en Estocolmo mais creceu na localidade de Partille, preto de Gotemburgo. Fala sueco, inglés, español e francés con fluidez. Ten unha filla co seu compañeiro sentimental Mattias Günther, nacida en 2012.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.