especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O piñeiro de Australia[1] (Casuarina equisetifolia) é unha especie de árbore semiperenne, das costas tropicais, moi útil como pantalla forestal contra os ventos. É endémico de Australia, Malaisia e a Polinesia. Non é en realidade un piñeiro, nin sequera unha conífera. En Galiza hai algún exemplar ornamental, por exemplo na Alameda de Vigo.
Piñeiro de Australia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fig. 298 de E.Gilg & K.Schum., "Das Pflanzenreich. Hausschatz des Wissens.", ca. 1900 | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Casuarina equisetifolia (L.) J.R.Forst. & G.Forst. 1775 |
Nas illas hawaianas onde fora unha especie introducida, medra tanto en costas areentas xéricas, salitrosas, calcarias, como nas montañas sobre áreas de pesada pluviosidade de solos volcánicos. As plantas fíxanse moi ben no chan e teñen propiedades alelopáticas, evidenciada pola ausencia achegada á copa doutros vexetais, e unha cuberta dos seus detritos.
Moi útil para a reforestación rural e urbana nos trópicos, subtrópicos e rexións temperadas; fixa azote atmosférico en simbiose coa bacteria Frankia. É unha árbore de crecemento rápido. Ademais as micorrizas (en coinoculación co fungo micorrícico arbuscular Glomus intraradices e co fungo ectomicorrícico Pisolithus tinctorius) na súas raíces incrementan o crecemento desta planta, así como a súa capacidade de fixación do azote, contribuíndo á súa supervivencia no transplante en solos marxinais.
O fuste acada 25-30 m, ten unha casca que se divide en fitas lonxitudinais; a casca ten moitos taninos, de aí a súa utilidade para diarreas.
Aseméllase ás coníferas pola follaxe, mais non o é. As súas follas son finas, semellantes ás acículas dos piñeiros mais se diferencia destes por estaren tabicadas en septos. A madeira é moi dura. Os talos adaptados son de cor verde e equisetiformes, xa que anatomicamente son iguais aos da xestela (fentos do xénero Equisetum), e miden entre 10 a 20 cm de lonxitude e 1 mm de diámetro. As flores son unisexuais, pouco vistosas e de reducido tamaño. A especie é diclono monoica (levan flores masculinas e femininas). Ten froitos nos eixes e as escamas das inflorescencias femininas lignifican e forman unhas falsas piñas globosas que conteñen os froitos, sámaras miúdas de 5–8 mm de diámetro.
Multiplicase moi ben por semente. A xerminación, sen tratamentos previos, adoita ser alta.
A súa madeira úsase para taboleiros, valados e leña e carbón de boa calidade. Tamén se emprega coma árbore ornamental.
A casuarina da Alameda da Praza de Compostela en Vigo (Pontevedra) recóllese no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Principios activos: contén tanino.[2]
Indicacións: é adstrinxente. As raíces téñense usado para tratar grans na faciana.[2]
Casuarina equisetifolia foi descrita por (L.) J.R.Forst. & G.Forst. e publicado en Amoenitates Academici . . . 4: 143. no ano 1759.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.