Frankia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Frankia
Remove ads

Frankia é un xénero de bacterias fixadoras do niutróxeno que viven en simbiose con plantas actinorrícicas, similar ás bacterias Rhizobium atopadas nos nódulos radiculares de legumes da familia Fabaceae. Frankia tamén inicia a formación de nódulos radiculares.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...

Este xénero foi nomeado orixinalmente por Jørgen Brunchorst en 1886 en honra do biólogo alemán Albert Bernhard Frank.[6] Brunchorst considerou que o organismo que identificara era un fungo filamentoso. Jan-Hendrik Becking redefiniu o xénero en 1970 como de bacterias actinomicetas e creou para el a familia Frankiaceae dentro da orde Actinomycetales (hoxe na orde Frankiales). Mantivo o nome orixinal de Frankia para o xénero.[7] Polo momento Frankia é o único xénero validamente publicado da familia Frankiaceae.[8]

Thumb
Sección dun nódulo radicular de amieiro.
Remove ads

Características

A maioría das cepas de Frankia son específicas de distintas especies de plantas coas que viven en simbiose. Son bacterias filamentosas e converten o nitróxeno atmosférico en amoníaco utilizando o encima nitroxenase, un proceso coñecido como fixación do nitróxeno. Fano mentres viven nos nódulos das raíces de plantas actinorrícicas. As bacterias poden fornecer a maioría ou todos os requirimentos de nitróxeno da planta hóspede. Como resultado, as plantas actinorrícicas colonizan e a miúdo prosperan en solos que teñen baixos niveis de nutrientes.[9]

Agora disponse de varios xenoma de Frankia, que poden axudar a aclarar como evolucionou a simbiose entre procariotas e plantas, como ocorreron as adaptacións ambientais e xeográficas, a diversidade metabólica e o fluxo horizontal de xenes entre os procariotas simbiontes.[9]

As Frankia poden resistir baixas concentracións de metais pesados como Cu, Co e Zn.[10] Poden ser beneficiosas para os solos degradados. O solo degradado é un solo rico en metais pesados ou desprovisto de nutrientes debido á seca.[11]

As Frankia son bacterias grampositivas, xa que as súas paredes celulares están feitas dunha grosa capa de peptidoglicano. Isto axúdalle a resistir os metais pesados que poida haber en solos degradados.[12]

Son bacterias que toleran un estreito rango de temperaturas e niveis de pH do solo. Crecen mellor arredor dos 30° Celsius e nun ambiente a pHs entre 6,5 e 7.[13] Isto indica que as Frankia son moi sensibles ao seu ambiente.

Remove ads

Plantas simbiontes

  • Todas as especies do xénero Alnus da familia Betulaceae.
  • Algunhas especies de catro xéneros da familia Casuarinaceae: Allocasuarina, Casuarina, Ceuthostoma e Gymnostoma.
  • Certas especies do xénero Coriaria da familia Coriariaceae.
  • Datisca cannabina e Datisca glomerata da familia Datiscaceae.
  • Todas as especies de tres xéneros da familia Elaeagnaceae: Elaeagnus, Shepherdia e Hippophae
  • Todas as especies dos xéneros Myrica, Morella e Comptonia da familia Myricaceae.
  • Todas as especies de cinco ou seis xéneros da familia Rhamnaceae: Ceanothus, Colletia, Discaria, Trevoa e posiblemente Adolphia.
  • Algunhas especies da familia Rosaceae, incluíndo todas as especies dos xéneros Cercocarpus, Cowania, Purshia, Chamaebatia e algunhas especies de Dryas.[14]
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads