From Wikipedia, the free encyclopedia
Plectropterus gambensis é unha especie de ave anseriforme da familia dos anátidos, a única da subfamilia dos plectropterinos.[2]
Plectropterus gambensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de P. g. niger en Suráfrica | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||
Área de distribución de P. gambensis Área de ocupación permanente. | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Anas gambiensis.[3][4]
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[3][4]
Recoñécense dúas subespecies:[3]
É un ganso grande, propio de África, que pesa entre os 4 e os 6 kg.
Relacionado cos membros da subfamilia dos tadorninos (e moitas clasificacións considárano dentro dela),[5] pero presenta varios trazos anatómicos que para algúns son suficientes para encadralo nunha subfamilia propia.[Cómpre referencia]
Unha característica destacábel é a presenza de dous esporóns aguzados e rectos no bordo anterior das ás cos que pode golpear e defenderse.
Ocupa a interfase de ecosistemas terrestres e acuáticos da África subsahariana.[1]
A especie está ameazada pola caza incontrolada (o descenso da súa poboación en Botswana atribuíuse á caza fóra das áreas protexidas).[6] A especie é cazada e comercializada nos mercados de medicina tradicional en Nixeria.[7]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, colnsidrando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamrente grande e quj, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupamte).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.