![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Flag_of_the_Livonians.svg/langgl-640px-Flag_of_the_Livonians.svg.png&w=640&q=50)
Pobo livonio
grupo étnico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os livonios[4] (en livonio: līvlizt) son un grupo étnico nativo do norte de Letonia e o suroeste de Estonia.[5] Historicamente, os livonios falaban a lingua livonia, unha lingua urálica estreitamente relacionada co estoniano e o finés. A derradeira persoa que aprendeu e falou o livonio como lingua nai, Grizelda Kristiņa, morreu no ano 2013, convertendo o livonio nunha lingua morta.[6] No ano 2010, existían arredor de 30 persoas que o aprenderon como segunda lingua.
Datos rápidos Poboación, Letonia ...
Pobo livonio | |
---|---|
![]() | |
Poboación | |
Poboación total: 280 | |
Rexións principais: | |
![]() | 250 (2011)[1] |
![]() | 22 (2011)[2] |
![]() | 7 (2002)[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua livonia e lingua letoa |
Relixión | Luteranismo |
Grupos relacionados | estonianos e finlandeses |
Pechar
Factores históricos, sociais e económicos, xunto coa dispersión da poboación étnica, resultaron no esmorecemento dos livonios, sobrevivindo só uns pequenos grupos no século XXI. En 2011, só 250 persoas declararon a súa identidade livonia en Letonia.[1]