Pobo missouria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os missouria ou missouri (na súa propia lingua niúachi ou niutachi) son un pobo indíxena orixinario da rexión dos Grandes Lagos antes do contacto cos europeos.[2] A tribo pertence á póla chiwere das linguas síux xunto cos pobos iowa e otoe.
Datos rápidos Poboación, Estados Unidos ...
Pobo missouria | |
---|---|
Representación dun missouri (esquerda) xunto a un otoe (centro) e un ponca (dereita), por Karl Bodmer. | |
Poboación | |
Poboación total: 1 393[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Oklahoma |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua chiwere e inglés |
Relixión | Cristianismo e igrexa nativo americana |
Grupos relacionados | Otoe, iowa, ponca e ho-chunk |
Pechar
Historicamente, a tribo vivía en grupos preto da boca do Gran Río e a súa confluencia co río Missouri. Dende a deportación masiva dos indios, viven principalmente en Oklahoma. Están recoñecidos federalmente como a Tribo de Indios Otoe-Missouria, con base en Red Rock, Oklahoma.