Pobo selk'nam
Pobo indíxena da Arxentina e Chile / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os selk'nam, tamén coñecidos como onawo ou ona,[4] son un pobo indíxena da rexión da Patagonia, no sur da Arxentina e Chile, incluíndo as illas de Terra de Fogo. Foron un dos derradeiros pobos nativos de América do Sur en ser contactados por emigrantes europeos occidentais a finais do século XIX. Coa descuberta de ouro e a expansión da gandería de ovellas, os gobernos da Arxentina e Chile comezaron a colonizar e exterminar os pobos indíxenas de Terra de Fogo.
Datos rápidos Poboación, Arxentina ...
Pobo selk'nam | |
---|---|
Nenos selk'nam en 1898. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: | |
Rexións principais: | |
Arxentina | 2 761 (2010)[1] |
Chile | 1 144 (2017)[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua selk'nam (1 persoas fala a lingua en Chile)[3] e castelán |
Relixión | Animismo e cristianismo |
Grupos relacionados | Haush, tehuelches, teushen |
Pechar
Estaban considerados extintos como tribo, pero en 2023 os seus descendentes mestizos foron recoñecidos como pobo indíxena pola Constitución de Chile. Keyuk Yantén un chileno mestizo de Santiago con devanceiros selk'nam, aprendeu el só a lingua e está considerado o único falante.[5]