Policromía
arte de pintar ou decorar con cores esculturas ou estruturas arquitectónicas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Policromía[1] é a arte de pintar ou decorar con varias cores tanto as obras bidimensionais (pictóricas) como certas partes de obras tridimensionais (escultóricas ou arquitectónicas). O oposto é a monocromía (uso dunha soa cor). En artes gráficas teñen uso tamén os termos bicromía, tricromía ou tetracromía, segundo o número de cores empregadas.