From Wikipedia, the free encyclopedia
O portugués oliventino,[1] portugués continental ou portugués de Olivenza[2] é a variedade dialectal da lingua portuguesa falada nas cidades de Olivenza, Táliga e aldeas veciñas. Actualmente, os portugueses de Olivenza e Táliga non gozan do recoñecemento de España, que administra este territorio desde a Guerra das Laranxas. Portugal, porén, non recoñece a soberanía española sobre a rexión e afirma que estes territorios lle pertencen.[3][4]
Como resultado de dous séculos de administración española e illamento do resto de Portugal, o portugués oliventino é hoxe unha lingua moribunda; a xente nova xa non o fala, quedando só unhas poucas persoas maiores.[1][5] O portugués deixou de ser a lingua da poboación a partir dos anos corenta, proceso acelerado pola política de castelanización posta en marcha polo franquismo.[5][6][7]
A orixe de Olivenza está ligada á conquista definitiva de Badaxoz polo último rei de León, Afonso IX, na primavera de 1230.[8] Para agradecer aos templarios a súa participación nesta disputa, Afonso IX concedeulles as prazas de Burguillos e Alconchel.[8] A partir destes puntos, cara ao ano 1256, a Orde crea a encomenda de Olivenza, naquela época só un conxunto de hortas, cabanas e algunhas casas construídas arredor dun manancial.[8] Porén, durante o reinado de Afonso X o Sabio, os templarios tiveron que abandonar Olivenza e entregar as súas terras ao Consello e Bispado de Badaxoz.[8]
Durante a Reconquista, as terras que hoxe forman os territorios de Olivenza e Táliga foron cedidas a Portugal polo Tratado de Alcanizes, en 1297, xunto con outras moitas localidades. O rei Don Dinis aproveitou a feble posición política de Castela para anexionarse e recuperar varios territorios.[9]
Desde 1297 ata 1801 a cidade permaneceu baixo a soberanía portuguesa, incluso durante a Unión Ibérica. Os cinco séculos de dominio portugués provocaron o fluxo a Olivenza da cultura e da lingua portuguesas, ademais da expresión arquitectónica e o folclore.[1][10]
Debido á peculiar posición xeográfica de Olivenza, separada do resto do país pola Odiana e rodeada de vilas castelás, acabou desenvolvendo un subdialecto do Alentexo, co que comparte moitas das súas isoglosas.[11]
Despois da Guerra das Laranxas, Portugal perdeu Olivenza e Táliga. Aínda que Portugal denuncia que España os perdeu no Congreso de Viena, o certo é que segue administrando ese territorio. O portugués seguiu sendo a lingua vehicular e materna dos habitantes da comarca ata mediados do século XX, cando comezou a decaer, vítima da política castelanizadora do franquismo. O sistema educativo xogou un papel decisivo, dado que o portugués quedou excluído. Actualmente ensínase só como lingua estranxeira.[11]
O portugués oliventino é un subdialecto do portugués do Alentexo e, polo tanto, forma parte do grupo dos dialectos do sur portugués.[12] A influencia do castelán nótase nalgúns destes puntos e no ámbito léxico.[12]
Algunhas das características máis definitorias son:
O portugués olivintino que aínda se fala está cheo de castelanismos, o uso das palabras castelás coche e ancho en detrimento dos portugueses carro e largo. [14] O castelán que se fala na rexión está fortemente influenciado pola portugués e o asturleonés.[15]
Na primeira persoa do plural do indicativo hai un trazo fonético peculiar, a palatalización de a por un e.[13] Este trazo é partillado con poboacións do Alto Alentexo. Por exemplo, andêmos por aí en contraposición ao portugués padrão, andamos por aí.[16] Nalgúns casos este fenómeno tamén acontece no infinito, por exemplo, engordér no canto de engordar.[16] Hai outra modificación dialectal semellante, a palatalización de ã por un ẽ, isto só ocorreu en pobos da marxe este do Odiana como Serpa e Olivença, pero non en Vila Viçosa ou Mértola .[13] Por exemplo, amanhẽ por amanhã. [13]
Unha característica común a algunhas bolsas isoglósicas do Alto Alentejo. Non é universal en Olivença. Por exemplo, buber e duvertido (estándar: beber e divertido).[13] Hai casos illados desta labialización en Campo Maior.[13]
Fenómeno propio de Olivença e Campo Maior, dáse no primeiro só en posición proclítica.[13] Por exemplo, direçõ, açõ e ândõ; en portugués estándar: direção, ação e andam.[13]
Trazo xeral do Alentexo e de Olivenza, observada tamén en Campo Maior, incluso nos mozos.[13] Por exemplo, quẽ, armazẽ e paragẽ; en portugués estándar: quem, armazém e paragem.[13] O ditongo permanece en posición átona ou non proclítica pero o e nasal está pechado.[13]
Características propias non só dos falantes de Olivença e Alentexo senón que tamén se estenden polo centro do país.[13] Por exemplo, más, caxa e faxa (por defecto: mais, caixa e faixa). [13]
Caso habitual no Alentexo en xeral, en Olivença a maioría pronuncia pa pola preposición para.[13] A execución das vogais átonas é bastante lixeira, convertendo palabras como: esse, aquele e direita en ess, aquel e drêta.[13]
Trazo que tamén comparten outras vilas do Alentexo, en Olivença, por exemplo: drento e preguntari (estándar: dentro e perguntar).[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.