especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Potentilla erecta é unha especie de planta con flores (anxiospermas) pertencente á familia das rosáceas.
Potentilla erecta | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Nome binomial | |||||||||||
'Potentilla erecta' |
A autoridade científica da especie é ( L. ) Raeusch., tendo sido publicado en Nomenclator Botanicus, ed. 3 152. 1797.
Popularmente é coñecida en lingua galega como consolda, solda ou néboda.[1][2]
É unha especie presente en Asia e Norte de Europa,[1] tamén na Península Ibérica e en toda a franxa atlántica europea desde as illas Feroe a todo o Portugal continental, Galiza e o arquipélagos de Madeira e Azores.[3][4]
Non se encontra protexida por lexislación galega, española, portuguesa ou europea.
As follas son brillantes e palmadas cun longo pecíolo nas follas da raíz. A raíz é grosa e con ela prepárase unha loción que se utiliza para deter a diarrea. En tempos de necesidade utilizouse para a alimentación humana e para tinguir o coiro de vermello.
Esta planta foi moi utilizada na antigüidade pero a introdución da raíz da ratania do Perú fixo que caese en desuso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.